Repository logo
 
Loading...
Thumbnail Image
Publication

Presentación: A educación social como relato histórico de amplas avenidas pedagóxicas e sociais

Use this identifier to reference this record.

Advisor(s)

Abstract(s)

As primeiras referencias documentadas sobre a Educación Social sitúanse cronoloxicamente nos inicios do século XIX. Dende entón, en converxencia coa crecente relevancia que irán adquirindo as Ciencias Sociais e a súa énfase na consideración da educación como un feito ou unha práctica social, suscitará novas lecturas do quefacer educativo; en particular os que aspiran a dar resposta ás múltiples necesidades que emerxen da vida cotiá, como son a atención á infancia e á mocidade en situación de inadaptación e risco social, a educación das persoas adultas, ou a animación sociocultural. En todo caso, sen que poidan obviarse os importantes avances que se rexistran nas Ciencias da Educación (en particular da Pedagoxía Social), na acción-Intervención social e o Traballo Social. A democratización das sociedades, o auxe das políticas educativas, sociais e culturais, en conxunción co desenvolvemento da formación académica nas Universidades, xunto coa incesante profesionalización destes ámbitos, marcará decisivamente o seu percorrido histórico en Europa e no mundo. Así se reflicte neste monográfico ao salientar o importante recoñecemento que están adquirindo a Pedagoxía Social e a Educación Social no espazo iberoamericano, con alusións explícitas ás realidades galega, española, portuguesa e latinoamericana, focalizando a mirada histórica en catro dimensións principais: a contextual, a teórico-epistemolóxica, a formativa-académica e a profesional.

Description

Keywords

Profesionalización Formación Espazo iberoamericano Pedagoxía social Educación social

Citation

Caride Gómez, J. A., & das Neves Vieira, R. M. (2023). Presentación: A Educación Social como relato histórico de amplas avenidas pedagóxicas e sociais. Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 27, 13-25. https://doi.org/10.17979/srgphe.2023.27.0.10115

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue