CICS.NOVA.IPLeiria - Artigos internacionais com Peer Review
URI permanente para esta coleção:
Navegar
Percorrer CICS.NOVA.IPLeiria - Artigos internacionais com Peer Review por autor "Caride, J., A."
A mostrar 1 - 1 de 1
Resultados por página
Opções de ordenação
- Presentación: A educación social como relato histórico de amplas avenidas pedagóxicas e sociaisPublication . Caride, J., A.; Vieira, RicardoAs primeiras referencias documentadas sobre a Educación Social sitúanse cronoloxicamente nos inicios do século XIX. Dende entón, en converxencia coa crecente relevancia que irán adquirindo as Ciencias Sociais e a súa énfase na consideración da educación como un feito ou unha práctica social, suscitará novas lecturas do quefacer educativo; en particular os que aspiran a dar resposta ás múltiples necesidades que emerxen da vida cotiá, como son a atención á infancia e á mocidade en situación de inadaptación e risco social, a educación das persoas adultas, ou a animación sociocultural. En todo caso, sen que poidan obviarse os importantes avances que se rexistran nas Ciencias da Educación (en particular da Pedagoxía Social), na acción-Intervención social e o Traballo Social. A democratización das sociedades, o auxe das políticas educativas, sociais e culturais, en conxunción co desenvolvemento da formación académica nas Universidades, xunto coa incesante profesionalización destes ámbitos, marcará decisivamente o seu percorrido histórico en Europa e no mundo. Así se reflicte neste monográfico ao salientar o importante recoñecemento que están adquirindo a Pedagoxía Social e a Educación Social no espazo iberoamericano, con alusións explícitas ás realidades galega, española, portuguesa e latinoamericana, focalizando a mirada histórica en catro dimensións principais: a contextual, a teórico-epistemolóxica, a formativa-académica e a profesional.
